CRTVG

Buscar

Corte a corte

Francisco Leiro fala da súa exposición "Esculturas sentidas"

28/06/2015

O escultor Francisco Leiro expón estes días no Kiosco Alfonso da Coruña. En "Esculturas sentidas" reflexiona sobre iconas de guerras e desastres. Arredor de noticias que convulsionaron a sociedade nos últimos anos, Leiro formula unha nova mitoloxía en que as súas pezas se conforman como iconografía das informacións. As esculturas desta mostra amosan a habitual volumetría tosca selo do autor, que dan fe do Leiro máis humanista e comprometido.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí