CRTVG

Buscar

Corte a corte

Fran Pérez no teatro, antes de Narf

18/11/2016

Zigzag Diario lembra a Fran Pérez no teatro, antes de ser Narf, nesa escena que el encheu de bandas sonoras. Desde Río Bravo ata Salomé. Fran sobre esas táboas nas que medrou como artista e como persoa.

O teatro sempre estivo no seu ADN, como compositor, como intérprete, como clown ou como imitador. Pallaso, home orquestra, diante e trás as cámaras, pisando táboas ou tras o pano dun teatro.

Fundou a sala NASA de Santiago e traballou con xente  como Miguel de Lira e Xesús Ron  e o director John Easthan en Chévere.

Deixou a sua forza e a sua impronta na opereta 'Annus Horríbilis', Premio da Crítica ao Mellor Musical do Ano 1995. Unha obra con libreto de Pepe Sendón. 

Como compositor de música para teatro, foi galardoado con Premios María Casares para as bandas sonoras de obras como Rio Bravo, Finis Mundi Circus, Annus Horribilis, Sidecar e O Segredo dos Hoffman.

Foi un compositor que nunca utilizou a música como acompañamento no teatro, senon como pura carga emocional para chegar a un todo unívoco. A Fran Pérez, falecido este novembro aos 48 anos, gustáballe dicir que "a clave está en conseguir que as outras artes dancen coa música".

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí