Corte a corte
-
Antonio Balboa fala do seu libro "A Galicia celta"
12/06/2012 10:24Antonio Balboa, historiador e director da Editorial Lóstrego, é o autor deste estudo sobre o pasado celta de Galicia.
-
Entrevista a Pedro Feijoo, finalista do Premio Xerais 2011 por "Os fillos do mar"
12/06/2012 10:11Publicada por Xerais, nesta historia de intriga con ambientación viguesa, mestúranse os tesouros dos galeóns de Rande cunha historia de amor.
-
Fina Casalderrey e Francisco Castro asinan "O neno can"
29/05/2012 11:14Un libro infantil que quere remexer conciencias. Fina Casalderrey e Francisco Castro denuncian, a través de varios relatos, a cruel violación dos dereitos que sofren millóns de nenos en todo o mundo. As ilustracións son de Patricia Castelao.
-
Presentación do libro "Alén na fronteira", que recolle versos de sete poetas vascos traducidos ao galego
29/05/2012 11:04O libro forma parte da colección Tambo da factoría K de Kalandraka. Recolle poemas de autores como Joseba Sarrionaindía ou Xabier Lete.
-
Entrevista a Julio Prada Rodríguez, un dos coordinadores do ensaio “As mulleres en Galicia no século XX”
08/05/2012 09:57Julio Prada Rodríguez é historiador e profesor na Universidade de Vigo, no campus de Ourense, co-autor de "As mulleres en Galicia no século XX".
O libro analiza o papel desenvolvido pola muller ao longo do século pasado, analizando os aspectos políticos, sociais e culturais desde a óptica feminina, e que se postula contra a invisibilidade da muller na historiografía e o seu retrato como un axente pasivo.
-
Conversamos coa escritora Rexina Vega que presenta a súa segunda novela, “Dark butterfly”
28/04/2012 16:12Na sección de libros, Pemón Bouzas conversará coa escritora Rexina Vega, quen, cinco anos despois de gañar o Premio Xerais con “Cardume”, presenta a súa segunda novela, “Dark butterfly”, en que se asoma á loucura e describe o proceso da enfermidade mental como unha lenta e consciente deriva cara á marxinación e á exclusión.