Corte a corte
-
Entrevista a Agustín Fernández Paz
19/11/2012 17:38O escritor acaba de recibir o premio da crítica de literatura e ser nomeado doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo. Fala tamén da súa nova obra: “O rostro que deixamos”.
-
Entrevista ao escritor Fran Alonso
28/10/2012 20:00O autor presenta en Eirado a súa novela "A punta de pistola"
-
María Solar presenta no Eirado o seu libro "As meigas de Lupa"
03/07/2012 10:07Pemón Bouzas conversa coa escritora e presentadora da TVG María Solar, que presenta a súa nova obra infantil e xuvenil, “As meigas de Lupa”, unha novela de intriga no século XXI, que agocha a historia dun segredo milenario, gardado xeración tras xeración.
-
Víctor Freixanes presenta a nova colección de biografías que publica Galaxia
26/06/2012 11:09Pemón Bouzas entrevista o director xeral da editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes, quen falará dunha nova colección de grandes biografías. As primeiras publicacións son senllos estudos sobre Murguía e Castelao, a cargo de Xosé Ramón Barreiro e Valentín Paz-Andrade respectivamente.
-
Entrevista a Manuel Iglesias Turnes, que presenta o seu libro "As rapazas de Xan"
26/06/2012 10:20“As rapazas de Xan”, primeiro libro de Manuel Iglesias Turnes, é unha novela que supón un documento histórico e etnográfico sobre a aldea galega de posguerra. Partindo da historia de Carmela, unha moza que ten a súa filla en soidade, o autor sobrevoa a comunidade do lugar, descubrindo as ilusións e as perdas, os amores e os desamores dun tempo tan gris coma opaco.
-
"Ruído de fondo", a poesía urxente de Daniel Salgado para tempos de crise
18/06/2012 17:25“Ruído de fondo” un texto deliberadamente caótico e desordenado, co que se aproxima a un tempo salvaxe e ferido.
-
"As rapazas de Xan", primeira novela de Manuel Iglesias Turnes
18/06/2012 17:20Manuel Iglesias Turnes preséntanos a súa ópera prima, “As rapazas de Xan”, unha novela desenvolvida no ámbito rural que supón un documento histórico e etnográfico sobre a aldea galega de posguerra.
-
Falamos con Gustavo Pernas sobre a súa obra “Tres logomonos”
18/06/2012 16:57Gustavo Pernas fala da súa obra “Tres logomonos”, onde inclúe as pezas dramáticas “Colgados”, “Pisados” e “Snakizados”, tres monólogos ao revés para denunciar a perversión da linguaxe ou o abandono do galego