CRTVG

Buscar

Corte a corte

Entrevista a Elena Fernández Prada, que presenta en Vigo a exposición "A caza"

28/04/2015

  Pilar García Rego entrevista a Elena Fernández Prada, que presenta na Fundación Laxeiro de Vigo a súa primeira exposición individual en Galicia, titulada “A Caza”. Este proxecto enmárcase dentro da investigación que leva realizando nos últimos anos sobre os procesos de representación figurativa e a súa descontextualización. Fernández Prada construíu unha obra, composta por un mural, cinco gravados e un conxunto de retratos, que evidencia o cambio de relación entre o home e a natureza nos últimos 30 anos.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí