CRTVG

Buscar

Corte a corte

Eduardo Galeano: un dos grandes nomes da literatura universal no estudio do Zigzag

18/06/2012

O programa “ZigZag Diario” recibirá hoxe unha visita ilustre, a do escritor uruguaio Eduardo Galeano, considerado un dos autores máis destacados da literatura latinoamericana de todos os tempos.

O escritor puxo fin en Santiago, onde conseguiu abarrotar a Cidade da Cultura, á xira de presentación en España da súa última obra, “Los hijos de los días”, un libro-almanaque que analiza diferentes acontecementos históricos de América e Europa e analízaos en clave satírica para poñer en evidencia as contradicións dos seres humanos, da sociedade e dos poderes establecidos.

Galería de imaxes

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí