CRTVG

Buscar

Corte a corte

Eduardo Alonso, dramaturgo, premio de honra Marisa Soto 2017

12/03/2017

Tino Santiago entrevista a Eduardo Alonso, director e cofundador xunto a Luma Gómez de Teatro do Noroeste, compañía que está a celebrar os seus trinta anos de actividade. O dramaturgo recorda os principias fitos do pasado e avanza os proxectos de futuro desta imprescindible iniciativa da escena galega.

Ademais, Educardo Alonso acaba de ser recoñecido pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia co Premio de Honra Marisa Soto, que valora a súa longa traxectoria e achegas á profesionalización do teatro. Quen fora o primeiro director do Centro Dramático Galego, fala tamén no programa cultural do que supón esta distinción, que recollerá o 29 de marzo de mans dos seus compañeiros de profesión durante a gala do Premios María Casares. 

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí