CRTVG

Buscar

Corte a corte

'Diario Cultural', da RG, e 'ZigZag', da TVG, finalistas da segunda Gala do Libro Galego

10/04/2017

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia veñen de dar a coñecer as obras finalistas da segunda Gala do Libro Galego 2017, un galardón co que se pretende recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2016 en Galicia. Os gañadores daranse a coñecer o próximo 20 de maio nun evento que terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Na gala vanse premiar un total de once categorías que recollen todas as facetas da edición, desde a narrativa ou a poesía, ata o xornalismo cultural ou os proxecto literarios na rede.

No xornalismo cultural, a radio é a gran protagonista coa selección das nosas compañeiras do 'Diario Cultural' Ana Romaní e Xiana Arias ou Susana Pedreira, de Onda Cero. Nesta categoría tamén é finalista este programa, o' ZigZag'.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí