CRTVG

Buscar

Corte a corte

"Croquetas", de Iria Pinheiro, sitúanos na Noiteboa de 1976

12/06/2015

 “Croquetas” está escrita e interpretada por Iria Pinheiro. A peza traslada o espectador á Noiteboa de 1976, cando Elvira, a protagonista, convida a cear a 15 familiares (os asistentes a cada pase) e relátalles e ilustra as súas vivencias durante o seu exilio, por motivos de traballo, en Alemaña. Os invitados acompañarana a través desa viaxe emocional, en que verdades e segredos se irán desvelando no medio dunha atmosfera festiva e familiar, reflexo dun país que espertaba da súa época máis escura. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí