CRTVG

Buscar

Corte a corte

'Coruña, catro temas', exposición de fotografías de Francisco Pillado

28/02/2017

Francisco Pillado, artesán da fotografía, deixou detrás de si centos de negativos. Moitos empezaron a saír do arquivo familiar para ser rescatados do esquecemento e dar lugar a exposicion 'Coruña, catro temas'.

Pillado retratou de forma incansable A Coruña e as súas xentes entre os anos vinte e os setenta. Foi un dos fundadores da Sociedade Fotográfica Coruñesa.

A exposición está estruturada en catro bloques temáticos: cidade, arcos, persoas e porto, fotografías que describen unha obra próxima a arquitectura da cidade, a súa xente e a profesión marítima. Unha Coruña pequena, que empezaba na Cidade Vella e case que remataba na praza de Ourense.

A obra deste fotógrafo afeccionado é recuperada polos seus netos mediante o libro 'Coruña, catro temas', que tamén lle da nome a exposición coordinada por José Caruncho.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí