CRTVG

Buscar

Corte a corte

Belén Constenla, actriz

26/05/2017

A actriz galega Belén Constenla visita “ZigZag Diario” para falar da obra teatral “Voaxa e Carmín”, protagonizada por ela e Mabel Rivera, onde interpretan ás Marías de Santiago de Compostela. A peza dá voz a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, dúas irmás que, durante os anos cincuenta e sesenta, convertéronse en personaxes populares da cidade polas súas vestimentas e maquillaxes excéntricas e polos paseos na Zona Vella en que flirteaban cos mozos universitarios. A obra, que estará en cartel na capital galega ata o domingo, amosa a verdadeira e crúa historia que hai detras delas.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí