CRTVG

Buscar

Corte a corte

As novidades musicais con Marte Gómez

23/04/2017

Na sección de música, Marta Gómez fala de Estrambote, un grupo chegado de Vigo e liderado por Abel, ex-integrante de Prominent Men; Nico, tamén en Fantasmage e agora en Selvática, e os irmáns Reboreda, Fredo e José, este último substituíndo a Carmen nos teclados. Estiveron presentando esta fin de semana o seu segundo disco, que editan con Kirlian e que leva por título "Del paraíso".

O programa tamén se ocupa no seu apartado musical de Pandoé, o proxecto de música electrónica en solitario de Ángel Pardal, e do regreso das Sesións Anecoicas do Festival Sinsal, unha serie de concertos que teñen lugar na cámara anecoica ou anecoide da Facultade de Telecomunicacións da Universidade de Vigo. Trátase dun espazo estanco, en que non entra ningún son do exterior e non  reverberen as ondas acústicas, polo que permite experimentar o silencio absoluto. 

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí