CRTVG

Buscar

Corte a corte

As novidades de cine con Moncho Lemos e Ángel Suanzes

23/04/2017

No faladoiro de cine, Ángel Suances e Moncho Lemos comentan “Dhogs”, película de Andrés Goteira que se estrea estes días no Festival de Cine de Bos Aires, Bafici. A primeira longametraxe do director meirego, rodada entre Galicia e Almería, sitúase nos límites da ficción, abordando un encontro casual entre un home de negocios e unha misteriosa muller, que coduce a unha aventura furtiva e a un crime. Tamén analizan dúas das novidades de carteleira: “Lo tuyo y tú”, do director coreano Hong Sang-soo, que se centra nas relacións de parella; e “Amar”, de Esteban Crespo, unha película sobre o paso á madurez.

 

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí