CRTVG

Buscar

Corte a corte

Antón Seoane fala do libro "De Voces Ceibes a Milladoiro"

29/12/2013

Un percorrido histórico e testemuñal dos tempos do tardofranquismo e a transición democrática no eido da canción galega son os argumentos principais do libro que Antón Seoane presenta  nunha entrevista con Tino Santiago. “De Voces Ceibes a Milladoiro”, que así se titula, fai unha escolma dos momentos máis culminantes da canción-protesta galega cando grupos de cantautores percorrían os escenarios demandando liberdade. Tamén descubrirá Seoane os segredos que, posteriormente, levaron á calidade e á excelencia de grupos tradicionais galegos como Milladoiro, do que foi compoñente e autor de numerosas letras.
 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí