CRTVG

Buscar

Corte a corte

A Real Academia Galega publica “Rosalía de Castro. Autógrafos poéticos”

17/04/2017

A Real Academia Galega (RAG) acaba de publicar “Rosalía de Castro. Autógrafos poéticos”. O volume recolle 90 textos asinados pola autora de Padrón, que se atopaban en diferentes arquivos públicos e que se salvaron da queima de orixinais que ela mesma ordenara pouco antes de morrer. “Rosalía de Castro. Autógrafos poéticos” constitúe un estudo sistemático das mostras escritas da autora máis representativa das letras galegas e unha guía para coñecer mellor o seu proceso creativo. Os textos que recolle son moi variados, desde pequenas pezas a composicións máis longas e complexas, e mesmo autotraducións ao castelán de poemas de “Follas Novas”. O libro complétase cunha carta de Manuel Murguía a Rosalía datada por volta de 1879.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí