CRTVG

Buscar

Corte a corte

'A historia dun satélite', 'Personal shopper' e 'Goodbye Berlin'

28/05/2017

Ángel Suances e Moncho Lemos comentan “A historia dun satélite”, de Sonia e Miriam Albert Sobrino. As Also Sisters estrearon no Festival de Cans esta comedia negra, que se centra na figura dun enterrador ao que o seu pai lle morreu esmagado por un satélite.

“Personal shopper”, de Olivier Assayas, é unha película de pantasmas e thriller erótico noventeiro; e “Goodbye Berlin”, de Fatih Akin, narra a historia de Maik, un rapaz de 14 anos que queda só en casa e que lle cambia a vida cando un compañeiro de clase aparece cun coche roubado.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí