CRTVG

Buscar

Corte a corte

A caligrafía do son no ciclo do Audible, en Pontevedra

09/06/2017

O ciclo Do Audible ofrece unha serie de concertos, organizados por Vertixe Sonora Ensemble, que traza puntos de encontro entre a música, a ciencia, a arte e o pensamento contemporáneos. A quinta edición do certame arranca coa artista xaponesa Aio Yamaguchi, que presenta a sesión ‘Caligrafía do Son’, un espectáculo que mestura música e performance nunha sesión única, no marco da basílica de Santa María a Maior de Pontevedra.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí