Obradoiro de marmeladas artesás

19/04/2014

Betanzos

Festas:

Festas patronais de san Roque, co lanzamento do famoso Globo de Betanzos. As festas duran once días, do 14 ao 25 de agosto, e inclúen os Desfiles da Corte da Raíña e a Función do Voto. O globo lánzase ás 12 da noite do día 16 desde a Torre de Santo Domingo.

Dous días despois son as festas fluviais dos Caneiros, a través do río Mandeo.

O 24 deste mesmo mes é a romaría de San Paio en Tiobre e nesta parroquia festéxanse tamén a romaría dos Remedios ou da Virxe do Camiño o 8 de setembro. O 16 do mesmo mes celébrase en Betanzos a romaría da Virxe das Angustias.

Ademais, os días 1 e 16 de cada mes hai feira e os martes, xoves e sábados, mercado.

De entre as feiras sobresaen as do 1 de maio e as do 1 e 30 de novembro. Na primeira quincena de maio é a Festa do Viño.



Teléfonos de interese:

Concello: 981 770 011

Alcaldía: 981 770 105

Policía Local: 981 770 694

Garda Civil: 981 770 053

Cruz Vermella: 981 771 515

Protección Civil: 981 774 742

Bombeiros: 981 775 153

Centro de saúde: 981 770 790

Urxencias xerais: 112

Urxencias médicas: 061