Actuación do grupo Regazo de mulleres
A Estrada
Os días 26 e 27 de xuño A Estrada honra a san Paio. O calendario de festas relixiosas complétase coas celebracións patronais de cada unha das parroquias.
En novembro, os días 11, 12 e 17 é san Martiño en Callobre e o 13 na Estrada. Tamén Frades celebra Nosa Señora dos Miragres o 28 de agosto e en Codeseda é a romaría de Nosa Señora de Guadalupe o 28 de agosto.
En setembro, o 8 e 9, Tabeirós celebra a romaría de Nosa Señora da Consolación e o 23 de novembro é a romaría de santa Paterna en Arnois. A Rapa das Betas de Sabucedo: na parroquia de San Lourenzo de Sabucedo, a primeira fin de semana de xullo. É unha Festa declarada de Interese Turístico Nacional e de Interese Turístico Internacional.
Gastronómicas:
Festa do Salmón, o 15 de maio.
Festa do carneiro ao espeto, na parroquia de Loimil.
Festa do escalo de Couso: o primeiro domingo de agosto no coto de Xirimbao, na parroquia de Couso. A xornada comeza cun concurso de pesca. Co que se captura faise unha degustación.
Teléfonos de interese:
Policía Municipal: 986 57 08 98
Oficina de Servizos Sociais: 986 57 32 65
Cruz Vermella: 986 57 10 57
Protección Civil: 986 57 33 33
Urxencias xerais: 112
Urxencias médicas: 061
