A Solaina... Estadio de Riazor
A Coruña
A Coruña é unha cidade que ten diversión todo o ano. Comeza no inverno co entroido, de longa tradición, que alegra a cidade cos 'choqueiros', 'apropósitos' e 'comparsas'.
Na primavera celebra as cacharelas de San Xoán e no verán as festas de María Pita, que son as que máis animan aos coruñeses.
E dentro dun longo verán festeiro destacan algúns acontecementos específicos coma a renovación da función do voto á Virxe do Rosario, en agradecemento á liberación do asedio inglés en 1589; a Semana Grande, co Trofeo Teresa Herrera, a competición futbolística máis antiga de España e coa Romaría Galega.
Pero as festas dunha maior tradición histórica son as do Rosario, que teñen como escenario a cidade vella e que son no outono.
Outras procesións son a da Nosa Señora das Dores, o 22 de marzo; a de Santa Gema, o 14 de maio e o último fin de semana de agosto a romaría de Santa Margarida, que ten lugar no parque do mesmo nome, con concursos gastronómicos de empanadas.
Teléfonos de interese:
Concello: 981 184 200
Bombeiros: 981 184 343
Cruz Vermella: 981 221 000 / 981 222 222
Policía Local: 981 241 100 / 092
Policía Autonómica: 981 153 410
Policía Nacional: 981 166 300 / 091
Xefatura Superior de Tráfico: 981 288 422
Garda Civil de Tráfico: 981 637 455 / 062
Protección Civil: 981 220 102
Información Cidadá: 010




