Compartir en Facebook

Todas as estreas e a actualidade das carteleiras de 32 cines de Galicia

  • American pie: el reencuentro

    American pie: el reencuentro

    Un grupo de vellos amigos volve reunirse. Jim e Michelle seguen felizmente casados, pero hai unha veciña namorada del. Ademais, a fita sexual con Nadia converteuse nun dos videos máis vistos de Youtube. Pola súa banda, Oz vive nunha mansión de Malibú, pero a súa moza parece só interesada polo seu diñeiro. Mentres tanto, a vida de Stifler continúa a ser un desastre. Heather sae cun cirurxián que intenta parecer máis novo, e Finch, que viaxou polo mundo, intenta ligar con Trish, unha camareira amiga de Michelle.

  • Animals United

    Animals United

    Sinopse: Inspirada nun libro do escritor Erich Kästner, conta como os animais, fartos xa de que os nenos sufran por mor das guerras, se reúnen no Gran Rañaceos dos Animais e esixen aos homes que non haxa máis conflitos.

  • Battleship

    Battleship

    "Battleship" é a adaptación libre ao cine do popular xogo de mesa "Afundir a frota" ou "Batalla naval". Na película, a batalla será entre a U.S. Navy e unha frota alieníxena! A historia narra unha aventura de acción que transcorre no mar, o ceo e a terra, e onde o noso planeta loita por sobrevivir contra unha forza moi superior.

  • Blancanieves (mirror, mirror)

    Blancanieves (mirror, mirror)

    Nova versión en clave de comedia do conto de Brancaneves, narrada dende o punto de vista da malvada madrasta. Sete ananiños, valorosos e rebeldes, axudarán a rapaza a prepararse para que poida reclamar o seu dereito ao trono - que lle pertence por nacemento - e tamén a conseguir o Príncipe, con quen desexa casar a temible Raíña.

  • Colombiana

    Colombiana

    Sinopse: Colombia, 1992. Tras presenciar o asasinato de seus pais, Cataleya, unha nena de nove anos, adestra para converterse nunha asasina profesional. Despois de escapar a duras penas do masacre, refúxiase nos Estados Unidos con Emilio, un tío seu mafioso. Quince anos despois, xa traballa para el como asasina a soldo. A súa tarxeta de visita -unha orquídea debuxada no peito das súas vítimas - é unha mensaxe para os asasinos de seus pais, pois Cataleya está decidida a vingalos, aínda que teña que sacrificar todo o que ama.

  • El canguro

    El canguro

    Todo comeza cun simple favor que co tempo se transforma en algo terrible. Cando o peor canguro do mundo embarca os tres peores nenos do mundo nunha aventura nocturna inesquecible polas rúas da cidade de Nova York, con transporte de drogas e strippers incluídas, ninguén pode predicir quen vai volver á súa casa dunha peza...