Cultural
Na nova canle “CULTURAL” da web da CRTVG, cabe destacar a sección "CONCELLOS".
Nesta sección trátanse todo tipo de contidos en cada un dos 315 municipios galegos, desde información xeral ata esas pequenas singularidades que converten en tan extraordinario e rico o noso país.
Cada concello galego contén un completo arquivo audiovisual con noticias próximas, reportaxes e curiosidades relacionadas coa súa contorna.
Pódese descubrir a súa paisaxe mesmo en tempo real, a través das cámaras web instaladas nalgúns deles, e consultar o tempo e a carteleira de cine da localidade. Desde cada concello accédese tamén ás receitas máis típicas de cociña da zona e incluso ás súas festas.


