Información Actividade Responsabilidade Usuarios

Xosé Antón García Ferreiro

Datos académicos

  • Licenciado en Ciencias da Información, rama Xornalismo, pola Universidade Complutense de Madrid.
  • Posgrao en “Xornalismo e reporteirismo en televisión”, pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona.
  • Título de Reporteiro Gráfico, polo CEV de Madrid.  Edición de video AVID, no CEV.
  • Especialista en Comunicación para o Desenvolvemento , formado no primeiro posgrao que sobre a materia impartiu persoal da FAO na Universidade de Tucumán, Arxentina.

Datos profesionais

  • Redactor na Televisión de Galicia, (desde a fundación da canle, en 1985).  Ata o momento da súa incorporación como membro do Consello de Administración da Corporación RTVG (1-1-2016) traballaba nos informativos da fin de semana da TVG, adicado fundamentalmente á cobertura de temas de información internacional.
  • Durante estes anos foi presidente, secretario ou membro do comité de empresa da TVG durante 12 anos; director e editor de telexornais en varias ocasións, así como director do programa de reportaxes “Enfoques” e xefe de redacción.
  • Como xornalista especializado en información internacional cubriu conflitos ou catástrofes coma os de Iraq, a ex Yugoslavia, Nicaragua ou Venezuela.
  • Redactor da emisora da COPE en Santiago (1984-1985)
  • Redactor no xornal “El Ideal Gallego”, na sede central da Coruña e na súa delegación en Santiago de Compostela (1982-1983).
  • Redactor en prácticas en Radio Popular de Lugo e Radio Lugo-Cadena SER.
  • Corresponsal en Galicia durante 15 anos do grupo Edimsa, editor entre outras da revista “Noticias médicas”.
  • Membro do Consello de Administración da Corporación RTVG desde o 1-1-2016.