CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Xosé Ramón Gayoso e Roberto Vilar, duelo de titáns da Televisión de Galicia, hoxe no `Land Rober Tunai Show´

07/12/2017

Non faltará o humor grazas aos Gorrillas, que esta noite se van de cea de empresa (22.10 h.)

Xosé Ramón Gayoso e Roberto Vilar, duelo de titáns da Televisión de Galicia, hoxe no `Land Rober Tunai Show´

Santiago, 07.12.2017.-     Este xoves, o `Land Rober Tunai Show´ terá o pracer de recibir a visita do mítico Xosé Ramón Gayoso no que será todo un duelo de titáns entre el e Roberto Vilar. Gayoso poñerá a proba o seu estómago no `Comer e Calar´ e haberá humor a esgalla  grazas aos Gorrillas, que esta noite se van de cea de empresa. As probas máis divertidas e os sketchs máis hilarantes completan o menú de hoxe.

O presentador Roberto Vilar estará, coma sempre, acompañado do dúo dinámico de humor, Xosé Antonio Touriñán e Eva Iglesias, que faran rir aos espectadores a partir das 22.10 h. na Televisión de Galicia.