CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Xosé A. Touriñán estará este mércores en 'Malo será!' desde o Auditorio Municipal de Ourense

22/05/2019

Dúas horas de humor co espectáculo ‘Chavasqueira forever’, en que a audiencia asistirá a unha verdadeira feira, a unha conferencia de prensa da policía e a unha cea sorprendente

Xosé A. Touriñán estará este mércores en 'Malo será!' desde o Auditorio Municipal de Ourense

Santiago, 22.05.2019.- ‘Malo será!’ (22.00 h.), o programa itinerante que achega a televisión aos teatros, ofrecerá o seu espectáculo deste mércores desde o Auditorio Municipal de Ourense. Dúas horas de humor da man dos mellores cómicos da escena galega, aos que se unirá Xosé A. Touriñán.

Con ‘Chavasqueira forever’, título deste espectáculo, a audiencia asistirá a unha verdadeira feira, a unha conferencia de prensa da policía sobre a última hora do asasino de Terra de Soneira e a unha cea sorprendente. Haberá ata unha proba de casting e non faltará o número de ventriloquia do boneco Carballiño.

Marcos Pereiro, Federico Pérez, Lucía Veiga, Paula Pier, Cristina Andrade, Marita Martínez, Oswaldo Digón, Evaristo Calvo, Iria Parada e Xosé A. Touriñán é o elenco completo de actrices e actores cos que poderá gozar a audiencia esta noite.