CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Volve 'Malicia Noticias', o programa coas novas máis pícaras da Televisión de Galicia

13/09/2020

Nesta segunda temporada, o espazo aposta forte pola participación da audiencia e as redes sociais para un novo enfoque da actualidade, con máis humor

Volve 'Malicia Noticias', o programa coas novas máis pícaras da Televisión de Galicia

Santiago, 13.09.2020.-  Malicia noticias (22:05 h) volve con moitas ganas e novidades á grella da Televisión de Galicia. De domingo a mércores, abrindo a oferta de entretemento do prime time da canle pública, o espazo máis pillabán da Galega volve para contar a actualidade, pero en clave de humor. As novas da nosa terra, o que se fala na rúa, o que lles interesa aos galegos ou o que pasa nas redes sociais, todo será obxecto da atención e da visión máis tola do equipo deste divertido espazo.

Este ano, ademais dos coñecidos maliciosos do programa (Arturo Fernández, Pepe Capelán, Lucía Veiga, Noelia Rei, Brais Doval, Oswaldo Digón, Rocío Candal) e dos personaxes emblemáticos (Nenita, Santas Mariñas, secretario xeral de Panchangueo), chegarán novas fichaxes: Os cazafochancas, os patixogos e Xurxo Castelao.

Outro dos puntos fortes desta tempada será a "Axenda de noticias" do propio programa, en que se requirirá a participación dos espectadores para que digan que acontece na súa vila, cidade, barrio. Malicia Noticias faise eco deses chamamentos e dálles cabida no programa.

A das "Redes maliciosas" será unha aposta forte nesta nova etapa, tanto en pantalla coma nas plataformas do programa (Tik Tok, Instagram, Facebook, Twitter...). A xente nova tamén será a aliada do espazo, a través de memes, tik-toks, reface

E como non, os opinadores (novos e consagrados), que darán a súa sabia visión dos temas de actualidade e non deixarán nada indiferentes os espectadores. Malicia noticias estará, amais, moi pendente das novas e contidos da grella da TVG e da Radio Galega. A actualidade, o que está a pasar, de que fala a xente pero con malicia. Volve un novo Malicia noticias! Cada día, máis lindo, máis lindo, cada día mellor e mellor.