CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Visita da Asociación de Jóvenes Empresarios da Coruña ás instalacións da CRTVG

21/05/2014

Tras realizar un percorrido polas instalacións do ente público galego, mantiveron un encontro coa directora da Televisión de Galicia

Visita da Asociación de Jóvenes Empresarios da Coruña ás instalacións da CRTVG

Santiago, 21.05.2014.-  A CRTVG recibiu esta mañá a visita dun grupo de emprendedores da Coruña, integrados na Asociación de Jóvenes Empresarios da Coruña -AJE A Coruña-, de ámbito provincial.

Os integrantes foron recibidos polo director de Comunicación, Fernando R. Ojea, e fixeron un percorrido guiado polas instalacións da CRTVG. Posteriormente tiveron un encontro coa directora xerente da Televisión de Galicia, Rosa Vilas, con quen se interesaron polos sistemas de produción dos medios públicos galegos, a conxuntura actual e os proxectos de futuro.