CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Un famoso cantador flamenco alóxase esta noite en 'Casa Manola'

17/07/2017

Nacho trata de afastar a súa nai de Cabanés anotándoa en actividades para a terceira idade, pero non tardan en aparecer novos perigos

Un famoso cantador flamenco alóxase esta noite en 'Casa Manola'

Santiago, 17.07.2017.-  Raimundo Montoya 'El Percebe', un famoso cantador flamenco, habitual das revistas do corazón polas súas aventuras sentimentais, está a facer o Camiño de Santiago para promover o seu novo disco. Ao aloxarse en Casa Manola (22.45 h.), Fanny non pode evitar sentirse atraída polo carismático personaxe, sen decatarse do asombroso parecido físico que este garda co seu pai, o que dará pé a comprometidas situacións.

Durante a estadía do cantador, Sindo convéncese de que tamén ten “duende” e non dubidará en mover os seus contactos para dar un concerto xunto a un artista de nivel: Cañita Brava.

Mentres tanto, Nacho trata de afastar a súa nai de Cabanés anotándoa en actividades para a terceira idade no centro social da vila. Alí non tardan en aparecer novos perigos, como Edelmiro, que só vai ás clases de bailes de salón para seducir viúvas.