CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Un artesán da madeira e unha parella de labregos ecolóxicos contarán hoxe a súa experiencia en 'Cos Pés na Terra'

06/07/2020

Un gandeiro da Laracha será outro dos protagonistas do programa desta noite (22.05 h)

Un artesán da madeira e unha parella de labregos ecolóxicos contarán hoxe a súa experiencia en 'Cos Pés na Terra'

Santiago, 06.07.2020.-   Os espectadores de ‘Cos Pés Na Terra’ coñecerán hoxe a Pepe, o ‘Luis Pasteur’ da Laracha, que vive do leite das súas vacas, un leite envasado e pasteurizado nas míticas bolsas de plástico.

O programa da TVG tamén irá este luns aos Ancares. Os seus montes gardan tesouros para David, un artesán da madeira que traballa tan ben coma un paxaro carpinteiro.

Finalmente, o equipo do programa coñecerá a Leticia e Gustavo, unha parella de labregos ecolóxicos de Arteixo cos que comprobará que traballar en parella non sempre é doado.