CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

TVG participa na exposición homenaxe a Carvalho Calero achegando imaxes propias históricas do intelectual galego

18/01/2011

A mostra, que conmemora o centenario do nacemento do intelectual galego, pode visitarse en Ferrol desde hoxe

TVG participa na exposición homenaxe a Carvalho Calero achegando imaxes propias históricas do intelectual galego

Santiago, 18.01.2011.- A Galega únese á conmemoración do centenario do nacemento do intelectual galego Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910 – Santiago,1990), achegando un significativo material audiovisual propio que documenta as imaxes da vida e obra do escritor ferrolán e que se poderá ver na exposición dedicada a el que se inaugura hoxe en Ferrol, no centro cultural “Carvalho Calero”, durante un mínimo de quince días.

O material audiovisual, cedido pola TVG para formar parte da exposición sobre o ilustre escritor, son imaxes significativas de distintos programas e monográficos dedicados á súa figura, reportaxes e entrevistas emitidas pola canle pública galega.

Na exposición, os visitantes tamén recibirán a publicación “Carvalho Calero, de Ferrol para o mundo. Imaxe de cen anos”, editada con motivo do centenario do seu nacemento, sobre as etapas da súa vida e obra, en que se recollen numerosas cartas, textos manuscritos e fotografías, fragmentos de entrevistas, o seu carné de socio no Seminario de Estudos Galegos, fotografías acompañando a Cunqueiro ou Fernández del Riego e documentos como a súa cédula de citación xudicial, como ex presidiario de guerra.