CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

TVG ofrecerá información puntual da xornada electoral en Andalucía e Asturias

24/03/2012

Ao peche dos colexios, dará a coñecer os resultados dunha enquisa sobre intención de voto na comunidade andaluza e, ás 23.45h, especial cos datos reais das votacións nas dúas comunidades

TVG ofrecerá información puntual da xornada electoral en Andalucía e Asturias

Santiago, 24.03.2012.- Televisión de Galicia manterá puntualmente informados os espectadores galegos de todo canto aconteza nesta xornada decisiva para as comunidades andaluza e asturiana. Nos distintos espazos informativos, a canle pública galega achegará datos de ambiente, participación, incidencias e realizará conexións en directo cos equipos da TVG desprazados nos centros de proceso de datos respectivos de Sevilla e Oviedo. 

Ao peche das mesas electorais, ás 20.00h, a Galega ofrecerá os resultados dunha enquisa sobre intención de voto elaborada por Ipsos España para Canal Sur, así como datos reais de participación nas dúas comunidades.

Practicamente ao remate do reconto, a Galega ofrecerá un especial a partir das 23.45h, conducido por Marta Darriba, en que se abranguerán os datos reais para as dúas autonomías.

A páxina web da CRTVG será unha canle máis dos medios públicos galegos que tamén disporá de todos os datos da xornada en tempo real. Os usuarios da rede poderán consultar a información relativa ao 25M no enderezo www.crtvg.es/informativos.