CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

TVG estrea o luns 'Conexión Madrid', un espazo de debate con xornalistas especializados en crónica política

28/09/2019

Este novo programa dos servizos informativos estréase o 30 de setembro ás 22.45 h pola G2, e emitirase desde a delegación madrileña da CRTVG

A mesa do faladoiro estará composta por catro xornalistas galegos: este luns con dous dunha longa traxectoria en medios, Bieito Rubido e Javier Casqueiro, e dúas voces novas pero con peso na crónica política, Daniel Basteiro e María Jamardo

TVG estrea o luns 'Conexión Madrid', un espazo de debate con xornalistas especializados en crónica política

Santiago, 27.09.2019.-   Os medios públicos galegos estrean o luns ‘Conexión Madrid’, novo espazo dos servizos informativos en que participarán destacados xornalistas galegos especializados en crónica política en Madrid e habituais comentaristas da pantalla en distintas canles. ‘Conexión Madrid’ emitirase pola G2, ás 22.45 horas, moderado polo delegado da CRTVG Luis E. Ramos.

O xornalista Bieito Rubido, director de ABC; Javier Casqueiro, correspondente político de ‘El País’; Daniel Basteiro, xornalista de ‘El Español’ desde a súa fundación; e María Jamardo, xornalista e colaboradora en A3Media e es.radio, sentarán este vindeiro luns na primeira mesa de debate.

Con ‘Conexión Madrid’, a CRTVG quere ofrecer un espazo de debate que achegue a reflexión e a pluralidade de opinións de distintas perspectivas da actualidade española, política e social, que máis afecte a Galicia. Desde a primeira entrega, o espazo enriquecerase coas achegas de diferentes perfís profesionais. Nas seguintes semanas, pola mesa de ‘Conexión Madrid’ pasarán as máis destacadas voces da crónica política deste momento.