CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Tomás renuncia provisionalmente ao seu posto no cuartel de 'Serramoura', obrigando a Marga a preparar o exame de tenente

05/07/2020

Ademais, no último capítulo da temporada (22.05 h), Santos recibe unha oferta para ser o xefe de seguridade dun importante delincuente

Tomás renuncia provisionalmente ao seu posto no cuartel de 'Serramoura', obrigando a Marga a preparar o exame de tenente

Santiago, 05.07.2020.-   Despois de pechar o caso das ameazas de Quique e con Oliveira fóra da Garda Civil, Tomás aproveita hoxe a tranquilidade que se respira en ‘Serramoura’ para renunciar ao seu posto provisionalmente e obrigar a Marga a que se ocupe do cuartel e acepte preparar o exame de Tentente.

No último capítulo da temporada, os espectadores tamén verán como Santos recibe o convite para asistir a unha reunión cun importante delincuente para ser o seu xefe de seguridade e, a pesar dos intentos de Santos, non poderá rexeitar a oferta.

Despois de axudar a Hugo e fuxir de Serramoura, Evaristo ten outra fronte aberta. Leandro sabe que Hugo escapou grazas a el e agora chantaxea a Evaristo con contarlle á Garda Civil todo o acontecido se non lle entrega unha suma importante de diñeiro.