CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Todos os efectivos do cuartel de "Serramoura", destinados á investigación da desaparición de Rebeca

15/04/2018

Unha carta anónima alerta a Raquel sobre as condicións da venda do serradoiro (22.15 h.)

Todos os efectivos do cuartel de "Serramoura", destinados á investigación da desaparición de Rebeca

Santiago, 15.04.2018.-   A desaparición de Rebeca ocupará esta noite un lugar destacado no cuartel de “Serramoura”. Tomás ten todos os seus efectivos destinados á investigación do caso e tras a detención de Teresa comeza o seu interrogatorio. Con todo, os sarxentos Neira e Bazán non cren que dona Teresa teña nada que ver e non tardan en elaborar unha lista de sospeitosos.

Xa coa súa lista de posibles culpables en mente, Marga e Diego comezan a súa investigación. O primeiro en pasar un exhaustivo interrogatorio será Hugo, que como empregado de Rebeca, non tardará en posicionarse á cabeza da lista de sospeitosos.

Mentres tanto, Raquel recibe un sobre dun remitente descoñecido. Ao abrilo atópase co contrato de venda do serradoiro á Wood Corp que Teresa asinara antes de descubrir o engano de Rebeca. Sen dubidalo nin un segundo, Raquel visita a Teresa nos calabozos para coñecer as consecuencias dese contrato.

Pola súa parte, Santos ten que facer desaparecer calquera proba que tivera Rebeca da súa implicación na morte de Antía. Sen perder nin un segundo, decide entrar na casa de Evaristo e rexistrar o seu domicilio en busca da taboíña de Rebeca, pero co que non contaba ex-chatarreiro é coa eficiente alarma do domicilio dos Fiúza.

Pero non todo son problemas en “Serramoura”. Despois de pasar un tempo en Alemaña, Evaristo e o seu fillo por fin regresan á vila para continuar coa rehabilitación do seu fillo.