CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Teo Cardalda e Roi Méndez, dúas xeracións de músicos galegos, enfróntanse esta noite en 'Os mellores da clase'

24/11/2021

Ambos os dous deberán aplicarse para facer o mellor exame final e alzarse co trofeo do programa

Teo Cardalda e Roi Méndez, dúas xeracións de músicos galegos, enfróntanse esta noite en 'Os mellores da clase'

Santiago, 24.11.2021.-  Os mellores da clase (23:05 h) ten, nesta ocasión, un programa moi musical. Os protagonistas serán Teo Cardalda e Roi Méndez, que representan dúas xeracións de intérpretes galegos recoñecidos máis aló das nosas fronteiras.

Grazas ao espazo da TVG, mudarán as cancións polos libros e volverán á escola, a aqueles anos en que Teo era o máis moderno de Vigo e Roi todo un experto na elaboración de plans para copiar nos exames. María Mera ten unha chea de puntos para eles, pero deberán aplicarse para facer o mellor exame final e alzarse co trofeo.