CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A TVG foi a canle máis vista nos últimos dous meses, segundo o Estudo Xeral de Medios

29/11/2018

Acadou unha cota media de pantalla de 12,5% no conxunto da semana e un 12% de media no prime time semanal, e días en que sobe ata o 16,4%, como os sábados

A TVG foi a canle máis vista nos últimos dous meses, segundo o Estudo Xeral de Medios

Santiago, 29.11.2018.-  Televisión de Galicia acadou unha cota de pantalla de 12,5% no período de luns a domingo nos meses de outubro e novembro, segundo o EXM (Estudo Xeral de Medios) que corresponde á terceira onda do ano 2018.

Este resultado sitúa a TVG como a canle máis vista en Galicia neste período de tempo. Por días, os sábados foron o día de maior fortaleza da TVG, cun 18,5%, seguidos polos xoves (14,1%) e os domingos (13,6%).

Con respecto ao prime time, ou horario de máxima audiencia, a cota media desta faixa foi dun 12 %, superando esta media, tamén, os xoves, sobre todo cos bos datos de audiencia que xera o programa 'Land Rober Tunai Show', sábados, con 'Bamboleo', e domingos, con 'Serramoura' e 'En xogo'. No conxunto do día, a media da TVG neste período de 2018 foi de 12,5%, aumentando nos horarios de sobremesa (13.30-17:00 h.) ata o 19,6%.

Segundo o EXM, no ano móbil que vai de febreiro a novembro, a Televisión de Galicia acadou de luns a domingo unha cota de pantalla de 14,6%, mentres que de luns a venres a media estableceuse nun 14,4%. Neste espazo de tempo a faixa do prime time da TVG foi de 12,9%.