CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Tarde de solidariedade en 'Galicia Viva' cunha nova campaña do Banco de Tapóns do Baixo Miño

12/01/2018

Desde Lugo, daranse a coñecer as creacións de Vladimir Alvaröff, un artista que transforma materiais de reciclaxe en lámpadas

Tarde de solidariedade en 'Galicia Viva' cunha nova campaña do Banco de Tapóns do Baixo Miño

Santiago, 12.01.2018.-  O programa 'Galicia Viva' (19.05 h.) estará hoxe en directo no Banco de Tapóns do Baixo Miño para ver como se está a desenvolver a nova campaña solidaria que están a realizar.

O espazo cociñará no restaurante grovense Culler de Pau. Ademais de elaborar algunha receita no establecemento, os espectadores da TVG coñecerán o mellor xefe de sala.  Por último, desde Lugo, daranse a coñecer as creacións de Vladimir Alvaröff, un artista que transforma materiais de reciclaxe en lámpadas.