CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Substitución de caldeiras existentes de gasóleo por caldeiras de biomasa forestal no edificio da CRTVG

06/11/2017
  • Enmarcado dentro dos Proxectos co fin de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables para o ano 2017 do INEGA (RESOLUCIÓN de 14 de marzo de 2017, publicada no D.O.G. do 22 de marzo de 2017). 
  • Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento rexional no Marco do Programa Operativo FEDER- GALICIA 2014-2020.
Substitución de caldeiras existentes de gasóleo por caldeiras de biomasa forestal no edificio da CRTVG

O proxecto de substitución de caldeiras existentes de gasóleo por caldeiras de biomasa forestal no edificio da CRTVG supón outra mellora da empresa no ámbito do aforro e a eficiencia enerxética.

Esta mellora, que conta coa subvención do INEGA, enmárcase dentro dos cambios de eficiencia enerxética que se están levando a cabo na CRTVG e que foron iniciados no ano 2010 coas medidas adoptadas para reducir o consumo de auga, para continuar no ano 2014 coa renovación paulatina da iluminación convencional por iluminación LED, así como coa renovación das instalacións de aire acondicionado.

O alcance da reforma refírese ás instalaciónss de calefacción na sala de caldeiras, e aos circuítos hidráulicos que parten deste local, manténdose en todo momento as redes e os circuítos xa existentes. Ademais, proxéctase a instalación de 19 radiadores no edificio de servizos múltiples, a través dun circuíto de calefacción existente e 2 radiadores e 2 aerotermos murais de auga quente, de 6 kW cada un, no edificio de TVG aproveitando un circuíto de calefacción existente.

A instalación existente de calefacción realiza a produción de calor a través de dúas caldeiras Sadeca Domino 200 para calefacción e A.C.S. alimentadas con gasóleo C e unha potencia de 233 kw.

As caldeiras existentes serán substituídas por unhas de maior rendemento que utilizan como combustible biomasa (pellets), cunha potencia térmica superior ás existentes.

Principais innovacións

A modernización da sala de caldeiras permitirá un maior control sobre a produción térmica debido á instalación dun sistema de telexestión que permitirá en tempo real o acceso aos datos das caldeiras. Ademais, o sistema de recollida de cinza permite unha extracción moi sinxela dela.

O sistema de control da produción das caldeiras permite que traballen conxunta ou individualmente de forma alternante, segundo a demanda solicitada.

O silo de almacenamento de pellets ten instalado un sistema de control de enchido  que avisa cando dito nivel baixa da medida preestablecida.

Colaboración intersectorial

O proxecto, cun orzamento de 104.625,14 euros (impostos non incluídos), conta co apoio do Inega a través dunha subvención de 54.055,20 euros, ao abeiro da Resolución, do 14 de marzo de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano do INEGA, cofinanciado polo FEDER.