CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

"Somos ben curiosos" atopará esta noite persoas que fan da reciclaxe un xeito de entender o mundo

05/02/2015

Presentado por Marta Doviro, amosará que hai que facer para que os materiais e desperdicios dos galegos regresen a nós en perfecto estado (23.20 horas)

"Somos ben curiosos" atopará esta noite persoas que fan da reciclaxe un xeito de entender o mundo

Santiago, 05.02.2015.- O programa “Somos Ben Curiosos” (23.20 horas), que busca respostas, sinxelas e efectivas, sempre de forma activa, sobre como somos os galegos e sobre como funciona todo o que nos rodea, atopará hoxe persoas que fan da reciclaxe un xeito de entender o mundo.

O espazo da TVG presentado por Marta Doviro descubrirá onde acaban boa parte dos desperdicios dos galegos e o que hai que facer para que os materiais regresen a nós en perfecto estado. A reciclaxe ten tamén cousas ben curiosas, como un novo uso para as borras do café, como demostrarán uns rapaces ben espertos.

Galería de imaxes