CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Seguimento destacado do concerto de Marcos Teira, ofrecido no Facebook da Radio Galega

10/05/2019

O recital que o músico galego deu no Teatro Principal en Compostela, ofrecido a través do Facebook Live da emisora pública, alcanzou 2.000 persoas

Seguimento destacado do concerto de Marcos Teira, ofrecido no Facebook da Radio Galega

Santiago, 10.05.2019.-  Os usuarios do Facebook da Radio Galega apoiaron a emisión dun novo concerto en salas por parte do programa ‘Notas de Jazz’ de Radio Galega Música. O concerto que o guitarrista galego Marcos Teira deu no Teatro Principal de Santiago de Compostela alcanzou 2.000 persoas e obtivo 251 interaccións.

A través do Facebook Live da emisora pública galega, Teira achegou os temas do seu terceiro álbum en solitario, NÓs, co que o músico completa unha triloxía que ten por obxecto traducir, adaptar e resituar músicas partindo da linguaxe da guitarra flamenca.   

O seguinte recital que o programa que dirixe Xabier Facal emitirá por Facebook Live será o de Valentín Caamaño Cuarteto desde a Sala Riquela de Compostela. Radio Galega Música quere, deste xeito, establecer novas relacións coa audiencia aproveitando as posibilidades que permiten as ferramentas dixitais para achegar os sons galegos e os distintos xéneros musicais ao público máis novo.