CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

'Segredos - Desmontado Galicia' viaxa hoxe a Ourense, unha das urbes máis importantes da Hispania romana

11/11/2019

O programa (22.15 h) realizará unha viaxe no tempo para saber como esta cidade de nobres, igrexas e prazas inclinadas medrou ao longo da súa historia dunha beira á outra do Miño a través das súas pontes

'Segredos - Desmontado Galicia' viaxa hoxe a Ourense, unha das urbes máis importantes da Hispania romana

Santiago, 11.11.2019.-     O programa ‘Segredos - Desmontando Galicia’, que cada semana  amosa a nosa comunidade dun xeito único, desde os puntos de vista máis abraiantes e inéditos na televisión, desprázase nesta ocasión a Ourense, a terceira cidade de Galicia.

É a capital termal da comunidade, pero Ourense ten moito máis que baños medicinais. A través de espectaculares imaxes aéreas e recreacións en 3D, os espectadores da Televisión de Galicia descubrirán esta noite todos os segredos dunha das urbes máis importantes da Hispania romana nunha zona rica en minas de ouro e cunha climatoloxía peculiar.

Coa axuda do ‘Sabichón’, Diana Nogueira e Alicia Burton realizarán unha viaxe no tempo para saber como esta cidade de nobres, igrexas e prazas inclinadas medrou ao longo da súa historia dunha beira á outra do Miño a través das súas pontes.