CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Sara visita o "Pazo de Familia" cun segredo que ninguén agarda

12/02/2018

Mentres Emilio e Mónica non perden a esperanza de atopala con vida, Claudia segue retida na casa do Panameño, que a ten drogada e lle fai crer que é a súa muller (22.10 h.)

Sara visita o "Pazo de Familia" cun segredo que ninguén agarda

Santiago, 12.02.2018.-    No capítulo desta noite de “Pazo de Familia”, os seguidores da serie verán como Claudia está retida na casa do Panameño. O narcotraficante tena drogada e intenta facerlle crer que o seu nome é Helena, alén de que el é o seu marido. No pazo, Emilio e Mónica non perden a esperanza de atopala con vida, pero a cada momento que pasa as posibilidades de que isto ocorra diminúen.

Tras a marcha de Sara, Marisiña é a encargada de elixir á nova cociñeira. Pero esta novidade non é nada comparada coa que dá a propia Sara cando vén de visita, algo que ninguén podía agardar.