CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

San Salvador do Hospital, Santo Estevo de Oca e as súas xentes serán protagonistas de 'Grandes Lugares'

02/01/2018

Nestas aldeas coñeceranse tamén as súas contornas e o senlleiro pazo de Oca

San Salvador do Hospital, Santo Estevo de Oca e as súas xentes serán protagonistas de 'Grandes Lugares'

Santiago, 03.01.2018.- Na nova entrega de 'Grandes Lugares' desta noite, ás 23.20 horas, o programa da Televisión de Galicia visitarás as aldeas do Hospital, no concello lucense de Quiroga, e Santo Estevo de Oca, no concello pontevedrés da Estrada.

A primeira parada será San Salvador do Hospital, unha parroquia do concello lucense de Quiroga. Terra de gandeiros, de lousa, de aceite e de viño. Os viñedos  dominan aquí a paisaxe e os espectadores poderán coñecer os de José e a granxa de porcos de José Luís. A paisaxe do Hospital convida a camiñar, é un espazo protexido e o equipo do programa vai percorrer a zona. Despois, e para repoñer forzas, probarán o roscón de Julita e descubrirán a casa de Carmen, recuperada respectando a súa historia.

Por último, os reporteiros do programa estarán en Santo Estevo de Oca, unha parroquia do concello pontevedrés da Estrada, un territorio de brañas e lagoas dominado polo río Ulla e un gran lugar de acentuada tradición presidido por un senlleiro pazo e moi vinculado á terra: o pazo de Oca. O equipo coñecerá os caseiros do pazo e comprobarán como preparan os veciños a festividade de Corpus. Neste gran lugar trabállase a terra con mimo e ao ritmo do sol. No lombo dun auténtico Barreiros, o de Carmen e de Suso, prepararán o terreo.