CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Roberto Vilar entregou o premio ao mellor barrio de Galicia no 'Fun polo aire'

13/06/2019

Os veciños de Canido, en Ferrol, recibiron o galardón no transcurso dunha gran festa á que asistiron os reporteiros do espazo da TVG

O programa percorreu durante os últimos meses 14 barrios das 7 cidades galegas para presentarllos aos espectadores desde o punto de vista cultural, social e de actividade comercial

Roberto Vilar entregou o premio ao mellor barrio de Galicia no 'Fun polo aire'

Santiago, 13.06.2019.- Os veciños do barrio de Canido, en Ferrol, recibiron onte no espazo da TVG 'Fun polo aire' o premio ao mellor Barrio de Galicia das mans de Roberto Vilar. O showman e presentador do 'Land Rober Tunai Show' uniuse así á gran festa organizada na praza do Cruceiro. Desde as 20.00 h., tres equipos do programa conectaron en directo desde a cidade departamental para vivir de preto o ambiente veciñal antes de recibir o galardón.

Nesta sección promovida por 'Fun polo aire', os reporteiros do programa percorreron durante dous meses 14 barrios de Galicia, dous por cada unha das sete cidades galegas, presentándollelos aos espectadores desde o punto de vista cultural, social e de actividade comercial. Tamén se realizou un percorrido polas rúas e lugares máis emblemáticos e significativos de cada barrio, todo da man dos seus veciños e asociacións.

O barrio de Canido obtivo a vitoria grazas aos votos recibidos a través do Facebook e do WhatsApp do programa, con máis de 4.500 votos, que fixeron que se impuxera na fase final ao barrio ourensán da Ponte, segundo clasificado.