CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A Radio Galega trasládase este martes co 'Galicia por diante' ao Talentia Summit de Santiago de Compostela

21/10/2019

De 9.30 a 13.00 h, o programa presentado por Kiko Novoa achegará información sobre este foro, que ten como obxectivo fomentar o talento, a innovación e a orientación laboral

A Radio Galega trasládase este martes co 'Galicia por diante' ao Talentia Summit de Santiago de Compostela

Santiago, 21.10.2019.-    Este martes 22 de outubro o programa 'Galicia por diante' da Radio Galega, presentado por Kiko Novoa, estará en directo de 9.30 a 13.00 h no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, onde se celebra estes días o foro de emprego e talento Talentia Summit 2019.

O obxectivo desta cita é fomentar o talento, a innovación e a orientación laboral e mediar entre as empresas que buscan cubrir certos postos e os demandantes de emprego. Ademais, tamén terán lugar outro tipo de actividades, como os cursos de formación, probas para a obtención de certificados oficiais, sesións de mentoring persoal e orientacións para a mellora da presentación do currículo, entre outras.