CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Radio Galega Música, un ano máis en directo desde o Festival de Ortigueira

11/07/2019

A RG transmitirá en directo desde Ortigueira os concertos deste festival, evento de referencia da música folk 

O domingo haberá un especial do programa ‘Lume na Palleira’, que se realizará desde o Teatro da Beneficencia de Ortigueira e estará aberto ao público

 

Radio Galega Música, un ano máis en directo desde o Festival de Ortigueira

Santiago, 10.07.2019.- Radio Galega Música non podía faltar ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, espectáculo de música folk por excelencia e un dos referentes mundiais neste ámbito. Desde o xoves, o equipo da radio pública desprazarase ata esta vila coruñesa para transportar os ouvintes a unha cita obrigada para as persoas amantes da música celta. 

 O xoves ás 22.00 h. arrancarán os concertos en Ortigueira, que serán retransmitidos de forma íntegra na Radio Galega Música. Como cada ano, haberá artistas procedentes de Galicia e das demais rexións celtas. Nesta edición subirán ao escenario artistas como Gwendal, chegados desde Bretaña; Project Smok, de Escocia; Moving Hearts, de Irlanda ou a Escola de Gaitas de Ortigueira, entre outros. 

 O programa ‘Lume na Palleira’, presentado por Emilio Españadero, fará unha emisión especial en directo o domingo, a partir das 17.00 h, desde o Teatro de Beneficencia, que estará aberta ao público.