CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Quique Morales e Nieves Rodríguez finalizan o Camiño dos Faros co tramo Nemiña - Fisterra, esta noite en "Imos Indo"

08/07/2018

Coñecerán paisaxes espectaculares e vivirán unha xornada cargada de emocións (23.25 h.)

Quique Morales e Nieves Rodríguez finalizan o Camiño dos Faros co tramo Nemiña - Fisterra, esta noite en "Imos Indo"

Santiago, 08.07.2018.-    O programa “Imos Indo” chega hoxe ao seu final coa derradeira etapa do Camiño dos Faros, a que separa Nemiña de Fisterra, onde Quique Morales, estará acompañado por Nieves Rodríguez, a coñecida presentadora do espazo “Vaia Troula”. Este percorrido de pouco máis de 26 quilómetros levaraos ata o faro de Fisterra, o final do traxecto.

Polo camiño coñecerán o impoñente Cantil da Mexadoira e a praia do Rostro, onde falarán coa trasna e mestra Verónica del Valle. Ademais, lembrarán coa xornalista Cruz García o afundimento do Casón, subirán ao Cabo da Nave e ao Monte Facho e vivirán unha xornada cargada de emocións.