CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A Televisión de Galicia inspira algúns dos beléns de Nadal galegos

22/12/2016

Un equipo dos servizos informativos da canle pública está representado no nacemento do centro comercial A Laxe de Vigo

En Valga, incluíron os protagonistas de 'Serramoura', os presentadores Xosé R. Gayoso e Roberto Vilar, e a representación do debate electoral do 25 de setembro

A Televisión de Galicia inspira algúns dos beléns de Nadal galegos

Santiago, 22.12.2016.- Este Nadal, a Televisión de Galicia converteuse en protagonista de dous beléns que nestas datas están a recibir centos de visitas, instalados na localidade de Valga, en Pontevedra, e no centro comercial A Laxe, en Vigo. Os dous nacementos réndenlle unha pequena homenaxe á canle pública a través da representación dalgúns dos seus programas e presentadores.

A Asociación de Amigos do Belén de Valga mostra no seu nacemento as figuras de Xosé R. Gayoso, presentador do 'Luar', dos protagonistas da serie de policías 'Serramoura' e do humorista Roberto Vilar. Ademais, tamén inclúe unha escena do debate electoral das eleccións autonómicas do 25 de setembro, onde están representados os cinco candidatos a presidente da Xunta de Galicia e os presentadores Kiko Novoa e Marta Darriba.

Pola súa parte, o belén do centro comercial A Laxe, na cidade de Vigo, instalou un equipo completo da TVG, con figuras de xornalistas, reporteiros gráficos e unha unidade móbil, centrándose na faceta informativa da televisión pública. 

 

Prema aquí para ir á Galería de Fotos