CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Os partidos do COB de baloncesto e do Liceo na Euroliga de hóckey, transmisións deportivas da CRTVG o sábado

17/01/2020

O domingo, a G2 e a web da CRTVG ofrecerán, en directo, o derbi galego entre o Pontevedra e o Rácing de Ferrol, amais tamén do partido do Celta B

Os partidos do COB de baloncesto e do Liceo na Euroliga de hóckey, transmisións deportivas da CRTVG o sábado

Santiago, 17.01.2020.-   Os afeccionados ao deporte estarán acompañados polos medios públicos galegos, que ofrecerán, en directo, pola G2 e pola web da CRTVG, encontros dos conxuntos galegos de fútbol de 2ª B, así como partidos da LEB Ouro de baloncesto e de hóckey na competición europea.  

As retransmisións deportivas comezarán o sábado ás 18.00 h, co partido de baloncesto que disputarán o Club Ourense Baloncesto e Afanion CB Almansa, correspondente a liga LEB Ouro. A continuación, ás 20.00 h, será a quenda do hóckey, cunha nova cita do Deportivo Liceo na competición europea fronte ao Scra Saint Omer.
    
O Celta B inaugurará as emisións deportivas do domingo na G2 e na web da CRTVG, ás 11.30 horas, co partido que xogará no estadio municipal Álvarez Claro ante o U.D. Melilla. Xa pola tarde, dentro do espazo ‘A Liga das Cidades’, ofrecerase en directo a partir das 17.00 horas o encontro Pontevedra C. F. – R. Ferrol, un derbi galego de 2ª B que se presenta moi emocionante.