CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Televisión de Galicia e Radio Galega ofrecen especiais con motivo dos actos de peche de campaña

23/05/2014

Os medios públicos galegos realizarán senllos programas resumo arredor da media noite

Ademais, a Galega realizará conexións en directo cos últimos mitins dos principais partidos políticos

Televisión de Galicia e Radio Galega ofrecen especiais con motivo dos actos de peche de campaña

Santiago, 23.05.2014.-  Os medios públicos galegos seguirán de preto os actos de peche de campaña dos principais partidos políticos. Así, no tempo do “Telexornal Serán” da Televisión de Galicia realizaranse conexións en directo con cada un dos mitins de peche de campaña dos grandes partidos políticos, dentro do bloque electoral, que terá unha duración de 5'.

A partir das 23.54 horas, a información electoral volverá á Galega cun especial sobre o remate da campaña que durará ata a media noite. Neste programa emitiranse vídeos dos últimos mitins dos principais partidos: PP, PSOE, BNG-Os Pobos Deciden e Alternativa Galega de Esquerda en Europa: a Esquerda Plural (AGE).

A Radio Galega, pola súa parte, realizará tamén un programa especial, presentado por Silvia Pereira, ás 23.45 horas que, cunha duración de 15', ofrecerá información electoral correspondente á xornada e aos mitins de peche de campaña.